Preguntas frecuentes

‼️Importante para os usuarios do comedor‼️

▶️ Convocáronse as bolsas de comedor: solicítanse antes do 30 deste mes para desfrutar no vindeiro curso 2021/22.

▶️ Lembrade que son subvencións xestionadas polo Concello da Coruña e non polo ANPA así que para calquera dúbida, chamade ao 010.

▶️ Dende a ANPA avisarémosvos por este mesmo medio das datas para solicitar o comedor no noso colexio xa que son dous procedementos independentes.

▶️ No que atinxe á nosa escola, aproveitamos para lembrarvos que traiades as notas do comedor de volta e 3 suxestións anotadas na parte de atrás.

▶️ Por último, deixamos aquí os menús para o comedor escolar e Jardanay na casa deste último trimestre.

Moito ánimo para este tramo final. Unha aperta, ANPA AGARIMO