Preguntas frecuentes

Axuda libros de texto e material escolar 2019/20


Aquí tendes a ligazón da Orde que regula o fondo solidario dos libros de texto e a súa adquisición; así como de material escolar:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190520/AnuncioG0534-060519-0007_es.pdf

Beneficiarias:

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a continuación:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria ( EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º

de de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.