Preguntas frecuentes

Campamentos de verán 2019



Coma nós, sabemos que moitos de vos estabades agardando polos campamentos de verán do Ágora/Fórum e, agora que non van saír, toca buscar alternativas.

  Aquí vos deixamos as ofertas de tres empresas coas que   colaboramos, por se a algún de vos lle soluciona.

– SerOcio:
   Ofrece campamentos con posibilidade de madrugadores e comedor tanto no CEIP María Pita coma no CEIP Zalaeta. Se se desprazasen alumnos suficientes dende este centro, inclusive poderían poñer bus (consultade a posibilidade con eles directamente).
   Ten unha opción Low Cost no CEIP Wenceslao que sae un pouco mais económica ao prescindir das excursións pero tamén ten madrugadores e comedor para quen o precise

   Desconto dun 5% para socios da ANPA AGARIMO.

A 2 minutos andando do noso colexio.Oferta campamentos multideportivos de 09.00 a 14.00 en Xuño, Xullo e Agosto.Desconto do 5% para socios da ANPA AGARIMO.

– JumpingKids

Campamento en Xullo de 10.00 a 14.00 con posibilidade de amplialo dende as 09.00h.