Vales de material e libros 1º e 2º e as listaxes provisionais de fondo libros

Xa están publicadas na web do cole os vales de material e listado do fondo de libros. 

Recordade que mais abaixo podedes ver dúas librerías onde facer os vosos encargos con desconto para os socios da ANPA AGARIMO.

 

Entrega de vales de libros de 1º e 2º e vales de material escolar o vindeiro luns día 8 e o martes 9 de xullo de 11 a 13 horas.
 
Aquelas familias que non poidan recoller os vales, entregaránselles no mes de setembro.
 
– Período de reclamacións do fondo de libros: luns 8 e martes 9 de xullo (de 10 a 13 h. na secretaría do centro)
– Publicación de listaxe definitivo o mércores 10 de xullo.
– Reparto de libros adxudicados aos alumnos: na aula de cada curso en setembro en día e hora que se comunicará.