Benvid@s a un novo curso

Toca gardar os bos momentos vividos no verán na mochila dos recordos e afrontar este novo curso con enerxías renovadas.
A ANPA este ano estrea unha canle de Telegram para @s nos@s Socios onde vos iremos informando de todas as novas que vaian xurdindo. Se xa es socio do curso 2019/20 e non recibiches ningún Telegram, envíanos un mail a anpa.agarimo@gmail.com co teu número de socio e o(s) móvil(es) de contacto para que o revisemos.

De momento, indicarvos que nesta semana publicaremos as actividades extraescolares que se ofertan de cara ao curso 2019/20 (tamén irán na axenda escolar) e a semana que ven faremos a inscripción (confirmaremos días e horario cando as publiquemos).

Lembrade que este ano comenzamos TODOS OS CURSOS o mércores 11 e que hoxe é o derradeiro día para vos apuntar á ENKI e ir con grupo do cole.

Esta semana estaremos no local do ANPA para tramitar e solucionar aquelo que necesitedes:

– Mércores 11: de 9 a 14.00
– Xoves 12: de 9 a 12.00
– Venres 13: de 9 a 14.00

Pedímosvos que aqueles que non renovastes a CUOTA DA ANPA en Xuño o fagades esta semana para que así a inscripción nas extraescolares sexa moito mais áxil.

Unha aperta de tod@s @s que formamos a ANPA AGARIMO