Preguntas frecuentes

Comenzo actividades extraescolares

Prezadas familias,

Mañá 1 de outubro dan comenzo as actividades extraescolares e por fin poderemos conciliar un pouquiño mellor.

As actividades comezan cada unha no día que lle toca; así mañá empeza baile moderno e judo por exemplo, mentras que ximnasia rítmica e cociña o fan o mércores e así sucesivamente…

Para aqueles nenos que vaian a comedor e teñan unha actividade as 16.00h tedes dúas opcións.
1.Collelo de 15.00 a 15.10 e volvelo a traer as 16.00
2.Deixalo no comedor ata as 16.00 e as monitoras xa se encargan de pasalo ao monitor da actividade correspondente.

Se os nenos van a unha actividade ás 16.00 e outra as 17.00 non é preciso que veñades, os monitores da 1ª actividade entregan ao alumno ao monitor da 2*.

Se pola contra, vai a unha actividade as 17.00 pero a ningunha as 16.00, SÍ TEDES QUE VILO BUSCAR A COMEDOR posto que de 16.00 a 17.00 non habería quen se faga cargo del ou dela.

O acceso as actividades será sempre pola porta de secretaría e abriranse as portas 5 minutos antes do inicio de cada actividade ou da hora de recollida según o caso.

Non estará permitida a entrada nin a saída das actividades fora do horario establecido polo que vos rogamos puntualidade.

Nestes primeiros días tentaremos poñer carteis onde se fai a fila de cada actividade para que, sobre todo os que ides por primera vez, vos orientedes mellor.

Pedímosvos a todos que fagades un exercicio de empatía e, se vedes a alguén un pouco perdido, o axudedes que nunca se sabe cando pode ser á inversa.

Cualquiera dúbida, contactade con nos. Un saúdo. ANPA AGARIMO