Preguntas frecuentes

Primeiro día de cole finiquitado

Nervios, desorde, colas… mais nervios… xa sabedes, imos o mais rápido que podemos pero as cousiñas levan o seu tempo.

Un par de cuestións:

– EXTRAESCOLARES: publicarémolas MAÑÁ sen falta no canle de Telegram e na web. Se nos da tempo, irán tamén na axenda, senon o venres. As inscripcións serán luns e martes de 16.15 a 18.00h no comedor.

– COMEDOR: para poder acudir tedes que haber cuberto solicitude de renovación en Xuño ou pasar polo local do ANPA a cubrir unha solicitude de alta.

– BECAS COMEDOR: como vos contamos, Jardanay non vai a facturar o comedor aos que solicitaron a beca comedor ata que saian as listaxes definitivas. Para que non volo cobren, tedes que lles enviar un mail coa solicitude de beca a becascoruna@jardanay.es ou ir polas oficinas de Jardanay. Adxuntámosvos o comunicado de Jardanay ao respecto.

– ENKI: este ano estamos a formar un grupo que represente ao cole na CARREIRA ENKI que terá lugar o 19/10/2019 pola tarde. Xa estamos anotados mais de 100 persoas e dado a boa acollida que está tendo, queremos que vos animedes mais a participar… por iso, ampliamos prazo e damos 1 día mais… mañá tamén podedes pasar a pagar o(s) voso(s) dorsais. Despois xa dependerá da dispoñibilidade da organización.

E nada mais familias, que para ser o primeiro día xa está ben ¿non? Feliz tarde!