Preguntas frecuentes

Proposta actividades extraescolares curso 2019/2020

INSCRIPCIÓN

Martes 17 e Mércores 18 no Comedor en horario de 16.15 a 18.00h. Posteriormente, no local da ANPA en horario de atención ao público.

NOVIDADES

EXPERIMENTA: É unha actividade na que os nenos realizan diferentes proxectos que lles permite descubrir o como se realizan e se forman as cousas que lles rodean, por exemplo, a creación de como facer un foguete que se propulsa, ou saber simplemente que materiais son necesarios para a creación de pezas de xabón que todos usamos na casa.

MULTIOCIO: Esta actividade está pensada para os máis peques da casa, os nenos de E.I. Consiste nunha actividade na que se combinan deporte, música, inglés, pintura e manualidades. Como vivimos en Galicia, e hai que aproveitar o sol adoitamos facer actividades fora os días de sol, e actividades nunha aula os días de mal tempo. Nesta actividade gózase de facer de todo, xa que os peques do cole non adoitan aguantar 1 ano facendo sempre a mesma actividade, nesta proban moitas durante cada mes.

MÚSICA E MOVEMENTO: Actividade na que os nosos nenos inícianse a xogos rítmicos e a saber diferenciar os diferentes sons da música. Esta actividade está pensada para os máis pequenos. Os principais obxectivos son incentivar aos nenos a que logren comunicarse co seu corpo, e que aprendan que non son necesarias as palabras para poder expresar calquera tipo de sentimento ou idea, xa que os simples movementos do corpo cumprirán esa función.

JUMPING CLAY: A arcilla mais divertida que pon a proba a imaxinación de tod@s! É unha actividade dirixida a todas as idades. Consiste nunha arcilla para modelar que ademais estimula os sentidos. Unha vez que se seca, non se rompe e rebota se se cae. Non mancha e non é tóxica. Os peques desenvolverán a súa capacidade de creación e imaxinación creando figuras de todo tipo e, o mais importante, aprenderán xogando!!!

(hai mais novidades como zumba, ioga en familia, baile galego, cociña … e na nosa web www.anpa-agarimo.es podedes consultar información sobre todas elas.

PREZOS

SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO: Ximnasia Rítmica, Xadrez, Xogos tradicionais, Patinaxe, Baile Moderno e Fútbol.
CUOTA ANUAL: 1 neno 40€ ; 2 irmáns 32€/nen@; 3 irmáns 28€/nen@; 4 irmáns 24€/nen@
PRIVADAS:
1) Hockey (horario a elexir), Ioga (1h/semana): 12€/mes
2) Baile Galego, Inglés, Multiocio, Pinta e Crea, Cociña, Música e Movemento, Zumba, Experimenta, Baloncesto:
15€/mes
3) Judo: 1 neno 20€/mes; 2 irmáns 30€/mes; 3 irmáns 35€/mes
4) Ioga en Familia: 1 adulto e ata 2 nenos 15€ // 2 adultos e ata 4 nenos 20€
5) Guitarra: 15€/mes (1h) grupos máximo 8 alumnos para atención personalizada
6) Esgrima: 20€/mes (2h)
7) Robótica, Jumping Clay, Teatro: 18€/mes

POE: 1 día: 32€/ano 2 días: 48€/ano 3 días: 64€/ano 4 días: 80€/ano 5 días: 96€/ano

IMPORTANTE

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€
– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.
– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.
– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.
– JUDO ofrece a posibilidade de participar en exhibicións en torneos fora da escola, pagando unha licencia federativa (34 €) que inclúe o seguro do alumno, HOCKEY inclúe ese seguro no importe ao pertencer a XOGADE.
– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.

POR FAVOR: TRAEDE OS CARTOS XUSTOS DE TODO AQUELO QUE TEÑADES QUE PAGAR PARA AXILIZAR OS TRÁMITES