ANPANEE (Asociación de Nais e Pais de Alumnos con Necesidades Educativas Especiáis) é unha asociación sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na Coruña, fundada en maio do 2019 por grupo de nais e pais preocupados polas dificultades que presenta a escolarización inclusiva dos nenos con necesidades educativas especiáis. Estos son algúns dos obxetivos que nos marcamos:
-
- Velar pola correcta escolarización dos nenos con necesidades educativas especiaís para garantirlles unha educación inclusiva e de calidade.
- Conseguir os apoios e recursos necesarios e adaptados, tanto persoaís como materiáis.
- Establecer unha vía de comunicación fluida e permanente coa administración para trasmitirlle a realidade educativa e personalizada dos nenos afectados e tratar de mellorar a calidade do sistema educativo.
- Servir como apoio a todas as familias creando un grupo con reunións periódicas para que poidan expoñer as súas preocupacións e compartir experiencias e información que resulten de utilidade os demáis.
- Cooperar coas diferentes asociacións e profesionáis para fomentar a realización de cursos, talleres e formacións para familias, profesionáis e docentes.
- Realizar labores de sensibilización das diversas capacidades para todos os pais e alumnos dos centros educativos.
Animámosvos a acompañarnos neste proxecto e formar parte da nosa asociación.
Podédesvos inscribir enviando o seguinte formulario cuberto ao correo electrónico: Info.anpanee@gmail.com
!Esperámosvos!
Descargar formulario