Preguntas frecuentes

Carreira ENKI

Familias! Non queda nada para a carreira ENKI!!! Xa tedes o voso disfraz do monstruo de cores preparado?

Informámosvos dalgunhas cousiñas:

Dorsais: mañá pola tarde nos farán entrega dos dorsais, así que poderedes pasar a buscalos o venres 18 ao local do ANPA en horario habitual (9 a 9.30) ou collelos o propio día da carreira no noso punto de encontro.

Punto de encontro: Encontrarémonos diante da Igrexa de San Jorge (ao lado de María Pita) ás 16:00 horas do sábado 19.
Alí repartiremos os dorsais aos que aínda non os teñan.

Consigna: Haberá unha zona de consigna para gardar as mochilas que estará situada nos soportais do Concello en María Pita.

Pulseiras para menores: Alí, teredes a opción de pedir pulseiras identificativas para os máis peques da familia, que serán xestionadas polo persoal da Cruz Vermella.

Non vos esquezades dos impermeables e da roupa de reposto!

Calquera dúbida estamos á vosa disposición.

Un saúdo,

ANPA AGARIMO