Preguntas frecuentes

O Comedor do Cole dende dentro

Porque como diría Samanta Villar … “non é o mesmo contalo que vivilo”; por iso, queremos que todos aqueles que estedes interesados e poidades, vaiades a comer un día ao comedor do noso cole e así ver cómo é o transcurso da comida, probedes a comida que comen os nosos nenos, ver cómo está organizado, qué fan despois de comer….

Só vos pedimos a cambio, que despois nos fagades un breve informe para así saber qué é o que vos gustou e en qué podemos mellorar para ter un comedor de 10!!.

O único requisito é ter un fillo ou filla que acude a comedor ainda que seña esporádicamente e cubrir o formulario que tedes a continuación.

O día 11 de cada mes celebraremos un sorteo e publicaremos o premiado que terá que acudir ao comedor o día que propuxo e comprometerse a devolvernos o cuestionario.

PARTICIPADE!!!

(Este mes de Outubro excepcionalmente o prazo de inscripción será de hoxe día 8 ao 12 e o 13 publicaremos o gañador)

Solicita unha visita ó comedor escolar

O responsable do ficheiro, Anpa Agarimo usará esta información para responder ás solicitudes de contacto. Os datos enviados gardaranse en LUCUSHOST dentro da UE. Pode acceder, rectificar ou suprimir os mesmos se o desexa.