Preguntas frecuentes

Cambio no menú do comedor

De seguro que xa escoitástedes as novas recomendacións do CONSUMO DE PEIXE da Consellería de Sanidade e da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición que amplían dos 3 aos 10 anos a idade recomendada para consumir emperador (peixe espada), atún vermello, lucio, tiburón (cazón, marraxo, patarroxa e tiburón azul) por exceso de mercurio.

Ante isto, dende a ANPA contactamos con Jardanay dado que no menú dos nosos nenos estábase a servir cazón. Por suposto, eles xa estaban ao tanto e adxuntámosvos o comunicado que nos fixeron chegar así como a información sobre as novas recomendacións.

 

Saúdos. ANPA AGARIMO