Preguntas frecuentes

Desconto para Socios/as en “La Pera Limonera”

Querid@s soci@s!!

Porque ser socios da ANPA AGARIMO é moitísimo máis que ir ao comedor ou a extraescolares, hoxe traémosvos outra vantaxe simplemente por ser os nosos socios… así de sinxelo! Ensina o teu carné e faranche un desconto do 10% en “A PERA LIMONERA”.

É un sitio que cambiou de donas (lévao a empresa que dá robótica no cole) e podedes celebrar un aniversario diferente elixindo qué talleres facer; podedes alugar o local por horas para facer a vosa festa privada ou ben acudir algún día dos que o cole pecha e precisamos conciliar.

En calquera destas opcións faranvos un 10% de desconto por ser os nosos socios. Así que se ainda non es socio xa estás a tardar!! Son só 20€ ao ano por familia… non o dudes mais!!

Saúdos. ANPA AGARIMO