Preguntas frecuentes

Reunión Xeral Extraordinaria 22 de Novembro

Estimados/as socios/as

Pola presente, a Xunta Directiva da ANPA AGARIMO convócavos a unha reunión xeral extraodinaria o vindeiro 22 de Novembro ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación da acta anterior se procede

2.- Cambios e novas incorporacións dos membros da Xunta Directiva

3.- Sexto Primaria:

3.1.- Votación lugar da excursión segundo as propostas realizadas na anterior reunión

3.2.- Exposición de propostas de recadación en festas e votación

3.3.- Votación sobre a realización ou non da gradación de 6º de EP e lugar de celebración no seu caso

4.- Rogos e preguntas

Dada a importancia dos temas a tratar e das decisións a tomar, esperamos contar coa vosa participación.

Como noutras ocasións, contaremos con servizo de canguraxe gratuito para aqueles socios que o solicitedes enviando un mail a anpa.agarimo@gmail.com ou un whatsapp ao 607 04 29 49.