Preguntas frecuentes

Festa de Nadal 2019

Prezadas familias,

Como xa vos comunicamos hai uns días, este venres 20 terá lugar a primeira festa do curso 2019/20… A FESTA DE NADAL! As entradas custan 1€ socios e 2€ non socios. Podedes adquirilas xa no noso local no noso horario habitual ou ben o mesmo día da festa ao entrar.

A festa é no pavillón pero accederemos dende o colexio pola entrada de Secretaria (pola mesma que se entra para as extraescolares). Este ano, como novidade, as nais e pais PODEREMOS BAIXAR Á PISTA PARA PODER ESTAR TODOS XUNTOS (Xa non tedes excusa para non bailar! 😜) ESO SI, para poder acceder á pista é INDISPENSABLE:

– traer calzado deportivo (non se aceptarán tacóns nin botas)
– non se permitirá o acceso de paraugas nin de carriños de bebé
– para saír do pavillón a persoa responsable terá que vir buscar ao menor á pista non estando permitido trepar polas gradas

Cada adulto será responsable do menor ou dos menores aos que acompañe non sendo responsabilidade dos monitores nin do ANPA vixialos.

Haberá obradoiros do Nadal, baile, música, sorteo de tarxetas regalo e unha visita moi especial que chega en trineo… ho, ho, ho!

Para comer e entrar en calor, dende o ANPA darase chocolate para todos e algo para acompañar. Con todo, agradecemos como sempre que traigades aquilo que vos apeteza (biscoito, gusanitos, patacas fritas, polvoróns ….) Non nos está permitido comer na pista polo que a zona de comida estará na parte superior das gradas coma en anteriores ocasións.

Para premiar o voso esforzo, todos aqueles que acheguedes algo (xa sexa comida ou o voso tempo) entraredes nun sorteo adicional aos que faremos para todos de tarxetas regalo do Corte Inglés.

Lembrarvos por último que, con motivo da festa, non haberá extraescolares ese día, agás natación.

E nada mais…. nos vos olvidedes do mais importante……. TRAEDE MOITAS GANAS DE PASALO BEN!!!

Saúdos. ANPA AGARIMO