Preguntas frecuentes

Obradoiro Cociña en Familia

Ola familias!

Continuando cos obradoiros en familia este mes é o turno de “cociña en familia”.

O vindeiro 13 de marzo vinde pasar unha tarde de lecer cociñando cos nosos fill@s. Divertiremonos e poderas ser o pinche do teu fillo na elaboración dun prato e postre que despois degustaremos xuntos.

O obradoiro impartirase de 16-18 horas (2 horas) no salón de actos da escola.

Se estás interesado en asistir envíanos un mail (anpa.agarimo@gmail.com) ou pasa polo noso local, apresúrate que as prazas son limitadas.

O prezo por familia (1 adulto+1 nen@) será de 9€ para os socios e 13€ para non socios. Serán 3€ máis por cada persoa adicional.

Desexamos que o disfrutedes.

Moitas grazas
ANPA Agarimo