Preguntas frecuentes

Programa Xaque ao Virus

Bos días a tod@s! Como estades? Desexamos que estedes a levar esta situación da mellor maneira posible e oxalá pronto nos podamos volver a ver 😊

Como xa sabedes, os educadores da Federación de Anpas (encargada das actividades subvencionadas do noso cole) crearon o programa “XAQUE AO VIRUS”, unha serie de actividades on-line a través de diversos retos moi divertidos, para suplir as actividades extraescolares e como unha forma de entretemento para todos os nenos e nenas do noso cole. ¡¡ Ademáis cos monitores e monitoras que xa coñecemos das actividades extraescolares do noso cole!!

Dende ANPA Agarimo, animamos a todo o alumnado a que entredes e participedes, de seguro que será unha boa forma de pasar un rato agradable.

Podedes acceder picando na seguinte ligazón:

https://fapasmariabarbeito.blogspot.com/?m=1

Coidádevos moito.
Unha aperta,

ANPA AGARIMO