Preguntas frecuentes

Serocio – Campamentos Verán 2020

Bo día familias!!

Cómo levades o confinamento? Ante todo agardamos que todos estedes ben que é o máis importante e queremos transmitirvos moito ánimo para continuar. Xa queda menos!!

Facémosvos chegar a proposta de SerOcio para conciliar este verán, só é unha reserva de praza xa que non saben cómo se vai a ir desenrolando isto, se haberá aforo, se se poderán facer…. pero se tiñades pensado confiar en eles ou vos apetece probar ide reservando a vosa praza porque a inscripción será por ORDE DE RESERVA.

DATAS: semanalmente do 22 de xuño ao 31 Agosto
HORARIO: de 09.00 a 14.00 con opción madrugadores dende as 07.45 e comedor ata as 16.00

INSCRIPCIÓN:
MULTIAVENTURA CON EXCURSIÓNS: http://serocio.com/inscripcion-campamentos-verano20-serocio/

LOW COST: http://serocio.com/inscripcion-campamentos-low-cost-verano20-serocio/

A RESERVA de prazas é por estricto orde de chegada de mails.

Se precisades calquera información adicional non dudedes e nola consultar ou contactar directamente con eles.

Unha aperta moi grande familias!
ANPA AGARIMO