Preguntas frecuentes

Alta na ANPA e o Comedor Escolar

Ola de novo familias,

Sodes varios os que nos estades a chamar por mor de darse da alta na ANPA para así ter prioridade no comedor.

Como vos dixemos fai uns días, estamos a traballar para que poidades tramitar a alta a través da nosa web e tendes ata o 4 de setembro para darvos de alta e que conte para o comedor, así que tranquilos que por mor diso non vos ides quedar sen praza. En canto esté lista ista opción, vos avisaremos.

Saúdos. ANPA AGARIMO