Preguntas frecuentes

Prazas de Comedor e Madrugadores

Ola familias!!

Estamos moi ledos de poder anunciarvos que TODOS os que solicitastes praza de comedor e/ou madrugadores na páxina de Jardanay obtivestes praza pois puidemos atender a toda a demanda recibida!!

Recibiredes nos próximos días unha comunicación de Jardanay e se alguén desexa praza para Outubro, poderá solicitala a partir do 10 de Setembro (hai algunhas quendas nos que quizá podamos acoller a algún alumno máis).

Un saúdo