Animación á Lectura. Contacontos: Actividade que trata de espertar a imaxinación, a desinhibición e o interese pola literatura infantil. Realizarase mediante a narración dun conto a súa escenificación, algo de atrezo, vestiario e a implicación na historia contada e a creación doutras inventadas. A escoita activa, a comprensión, a súa interpretación e a posta en marcha da imaxinación, son os principais obxectivos desta actividade.
Canto Conto
Subvencionada

PREZO
40€ / ano
IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE
CURSO | DÍAS | HORARIO |
1º primaria |
Luns, Venres |
16:00 a 17:00 |
2º primaria |
Luns, Venres |
16:00 a 17:00 |
3º primaria |
Luns, Venres |
16:00 a 17:00 |
CUESTIÓNS A TER EN CONTA
– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA
– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.
– No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse segundo os seguintes criterios:
1.- incompatibilidade horaria dos proxenitores (deberase enviar á ANPA se así o requerimos) 2.- ser beneficiario da bolsa comedor ou semellante 3.- orde de inscripción
– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.
– Hai que aboar 4€ por neno/a en concepto de seguro, con independencia do número de actividades que acuda