Preguntas frecuentes

English Lab

Subvencionada

ENGLISH, en referencia ó idioma inglés, que é o núcleo sobre o que xira o programa, e LAB, abreviatura de laboratory, para formular os “experimentos” que darán lugar á interacción da lingua inglesa cas diferentes áreas de contidos, expresando deste xeito a capacidade e potencial creativo que demandará o programa do alumnado participante, e que se pretende pór de manifesto coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.

PREZO

40€ / ano

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

1º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

2º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

3º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

4º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

5º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

6º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

– No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse segundo os seguintes criterios:

1.- incompatibilidade horaria dos proxenitores (deberase enviar á ANPA se así o requerimos)
2.- ser beneficiario da bolsa comedor ou semellante
3.- orde de inscripción

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– Hai que aboar 4€ por neno/a en concepto de seguro, con independencia do número de actividades que acuda