Preguntas frecuentes

Escape Room

Subvencionada

Pensamento Lóxico Matemático: Xogo baseado no desenvolvemento das habilidades mentais para a solución de enigmas e problemas. Os nenos e nenas traballando en grupo poñerán en xogo a creatividade e o pensamento crítico para ir superando diferentes probas ou retos e así resolver a proba. O obxectivo é saír dunha sala (pode ser virtual) dentro do contexto e recreación dunha historia, e para iso os xogadores deberán usar todas as súas capacidades intelectuais, creativas e de razoamento deductivo.

PREZO

40€ / ano

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º primaria

Mércores, Venres

16:00 a 17:00

5º primaria

Mércores, Venres

16:00 a 17:00

6º primaria

Mércores, Venres

16:00 a 17:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

– No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse segundo os seguintes criterios:

1.- incompatibilidade horaria dos proxenitores (deberase enviar á ANPA se así o requerimos)
2.- ser beneficiario da bolsa comedor ou semellante
3.- orde de inscripción

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– Hai que aboar 4€ por neno/a en concepto de seguro, con independencia do número de actividades que acuda