Preguntas frecuentes

Escola de Maxia

Subvencionada

Ciencia e Maxia: Espertar o interese pola ciencia dunha maneira lúdica e apaixonante como é a maxia, desenvolvendo habilidades mentais e corporais. Aplicar a base do método científico en diferentes procesos, propiciando así unha aprendizaxe significativa do mundo que lles rodea. Resolver problemas de maneira sinxela, crear enigmas, elaborar e ensaiar trucos de maxia tamén desenvolverá ao máximo a creatividade e imaxinación.

PREZO

40€ / ano

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º primaria

Mércores, Venres

17:00 a 18:00

5º primaria

Mércores, Venres

17:00 a 18:00

6º primaria

Mércores, Venres

17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

– No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse segundo os seguintes criterios:

1.- incompatibilidade horaria dos proxenitores (deberase enviar á ANPA se así o requerimos)
2.- ser beneficiario da bolsa comedor ou semellante
3.- orde de inscripción

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– Hai que aboar 4€ por neno/a en concepto de seguro, con independencia do número de actividades que acuda