Preguntas frecuentes

Fútbol

Subvencionada

Actividade pensada para que os nenos e nenas entren en contacto con este deporte no que desenvolverán habilidades básicas do fútbol todo mediante o xogo.

PREZO

40 € / ano

PUNTUALIZACIÓNS

CUOTA ANUAL: 1 neno 40 € ; 2 irmáns 32 € / nen@; 3 irmáns 28 € / nen@; 4 irmáns 24 € / nen@ . Hai que pagar un seguro a maiores de 4 €

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

1º primaria

Luns, Mércores

16:00 a 17:00

2º primaria

Luns, Mércores

16:00 a 17:00

3º primaria

Luns, Mércores

17:00 a 18:00

4º primaria

Luns, Mércores

17:00 a 18:00

5º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

6º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.