Ioga en familia

Privada

Actividade familiar na que a través do ioga reforzaremos os lazos familiares e o sentido de comunidade e compañerismo. Como familia aprenderemos a coñecer o noso corpo, a respirar correctamente e a relaxarnos. Maiores e novos melloraremos a nosa flexibilidade, eliminaremos as tensións, reduciremos o estrés mentres pasamos un tempo único coa familia.
Utilizaremos música, xogos e movemento para crear un espazo cálido e vivir momentos familiares moi especiais.

PREZO

15 € / mes

PUNTUALIZACIÓNS

1 adulto e ata 2 nenos 15 € - 2 adultos e ata 4 nenos 20 €

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º infantil

Mércores

de 16:00 a 17:00

5º infantil

Mércores

de 16:00 a 17:00

6º infantil

Mércores

de 16:00 a 17:00

1º primaria

Mércores

de 16:00 a 17:00

2º primaria

Mércores

de 16:00 a 17:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.