Judo

Privada

A metodoloxía empregada nas nosas clases baséase no principio xeral de Judo, que non é outro que un sistema integral de mellora das habilidades físicas, técnicas e sociais.
Como estímulo para os nosos alumnos, fixamos obxectivos a curto prazo. A obtención de cintos de grao é un deles. As avaliacións lonxe de ser un hándicap converterán unha motivación na nosa forma de propoñelas.

A participación en competicións oficiais adaptadas á nosa metodoloxía segundo a idade e o grao, converteraas nunha experiencia gratificante e unha motivación engadida.

PREZO

18 € / mes

PUNTUALIZACIÓNS

1 neno 20 € / mes; 2 irmáns 30 € / mes; 3 irmáns 35 € / mes. Ofrece a posibilidade de participar en exhibicións en torneos fora da escola, pagando unha licencia federativa (34 €) que inclúe o seguro do alumno.

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º infantil

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

5º infantil

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

6º infantil

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

1º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

2º primaria

Martes, Xoves

16:00 a 17:00

3º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

4º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

5º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

6º primaria

Martes, Xoves

17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.