Preguntas frecuentes

Lingua de signos

Subvencionada

Actividade lúdica e innovadora deseñada para desenvolver as competencias e habilidades necesarias para afrontar o desafío de falar coas mans. A aprendizaxe de LSE levase a cabo a través dos xogos, as cancións e as manualidades. Reforza o desenvolvemento das habilidades sociais e comunicativas dos máis pequenos, aumenta a atención, favorecendo a memoria e a discriminación visual, axuda, promove valores como a empatía, o respecto, a normalización, e mellora a psicomotricidade.

PREZO

20€ / ano

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

1º primaria

Venres

17:00 a 18:00

2º primaria

Venres

17:00 a 18:00

3º primaria

Venres

17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.

- No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse por orde de inscripción

– Para poder acudir as actividades, todos os nenos e nenas, incluidos os beneficiarios de bolsa de comedor, teñen que pagar o seguro correspondente:

- 35€ no caso de judo, que inclúe a federación obrigatoria

- 4€ no resto de actividades

- As persoas beneficiarias de bolsa de comedor, teñen subvencionado o 100% do importe das actividades, agás Judo que é privada