É unha actividade que procura fomentar o deporte para unha vida saudable e coñecer diferentes variedades deportivas que favorezan a adquisición das adecuadas habilidades motrices. Ten como obxectivo principal desenvolver a psicomotricidade e a coordinación xeral.
Esta actividade tamén axudará aos nenos e nenas a atopar o deporte mais axeitado ás características e gustos persoais de cada un.
PREZO
40€ / ano
IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE
CURSO |
DÍAS |
HORARIO |
4º infantil |
Luns, Mércores |
16:00 a 17:00 |
5º infantil |
Luns, Mércores |
16:00 a 17:00 |
6º infantil |
Luns, Mércores |
16:00 a 17:00 |
CUESTIÓNS A TER EN CONTA
– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA
– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.
- No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse por orde de inscripción
– Para poder acudir as actividades, todos os nenos e nenas, incluidos os beneficiarios de bolsa de comedor, teñen que pagar o seguro correspondente:
- 35€ no caso de judo, que inclúe a federación obrigatoria
- 4€ no resto de actividades
- As persoas beneficiarias de bolsa de comedor, teñen subvencionado o 100% do importe das actividades, agás Judo e teatro que son privadas