Preguntas frecuentes

Multiocio

Privada

Esta actividade está pensada para os máis peques da casa, os nenos de E.I. Consiste nunha actividade na que se combinan deporte, música, inglés, pintura e manualidades. Como vivimos en Galicia, e hai que aproveitar o sol adoitamos facer actividades fose os días de sol, e actividades nunha aula os días de mal tempo. Nesta actividade gózase de facer de todo, xa que os peques do cole non adoitan aguantar 1 ano facendo sempre a mesma actividade, nesta proban moitas durante cada mes.

PREZO

15 € / mes

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º infantil

Luns, Mércores

16:00 a 17:00

5º infantil

Luns, Mércores

16:00 a 17:00

6º infantil

Luns, Mércores

16:00 a 17:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.