Música e movemento

Privada

Actividade na que os nosos nenos inícianse a xogos rítmicos e a saber diferenciar os diferentes sons da música. Esta actividade está pensada para os máis pequenos. Os principais obxectivos son incentivar aos nenos a que logren comunicarse co seu corpo, e que aprendan que non son necesarias as palabras para poder expresar calquera tipo de sentimento ou idea, xa que os simples movementos do corpo cumprirán esa función.

PREZO

15 € / mes

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º infantil

Lunes, Miércoles

17:00 a 18:00

5º infantil

Lunes, Miércoles

17:00 a 18:00

6º infantil

Lunes, Miércoles

17:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.