POE

Subvencionada

Programa multidisciplinar que posibilitan unha formación integral co xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Está composto polos seguintes obradoiros:

ENXEBRE

Descobre a maxia da nosa tradición a través dos xogos, contos, bailes e cantigas populares.

ESCOLA DE ACTORES

Inventa historias, crea personaxes, deseña o atrezzo e representa contos, so con imaxinación e moito, moito teatro!

FEITO A MAN

Deseña as túas propias creacións e xoguetes con materiais e técnicas coma a goma eva, a pasta de modelar, feltro, material de reciclaxe, etc.

O RITMO DO SON

Divírtete xogando coa música e os instrumentos, cantando e bailando ao compás dos movementos e ritmos máis creativos.

PREZO

32 € / ano

PUNTUALIZACIÓNS

1 día: 32 € / ano, 2 días: 48 € / ano, 3 días: 64 € / ano, 4 días: 80 € / ano, 5 días: 96 € / ano. É obrigatorio ir as dúas horas

IMPARTICIÓN DA ACTIVIDADE

CURSO DÍAS HORARIO

4º infantil

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

5º infantil

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

6º infantil

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

1º primaria

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

2º primaria

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

3º primaria

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

4º primaria

Luns, Martes, Mércores, Xoves ou Venres

16:00 a 18:00

CUESTIÓNS A TER EN CONTA

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA ou pagar unha matrícula de 20€

– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo. A inscrición será por orde de chegada.

– As persoas beneficiarias da bolsa comedor tamén teñen dereito ás actividades subvencionadas polo Concello de forma gratuita.

– ANPA Agarimo correrá cos gastos do seguro anual obrigatorio das actividades privadas. As subvencionadas polo concello xa dispoñen de seguro propio cun custe engadido de 4€.

– As cotas das actividades privadas pagaránse directamente aos monitores ou mediante domiciliación bancaria segundo indique o monitor. No caso das actividades subvencionadas, Natación e POE, pagaránse no momento de apuntarse.