Preguntas frecuentes

CAMPAMENTOS DE VERÁN POR FIN NO MARÍA BARBEITO

Moi bo día familias!!

Hoxe queremos contarvos o que, cremos, é unha gran noticia para todas as familias que levamos ás nosas fillas e fillos ao María Barbeito.

Este ano, por primeira vez, vai haber campacoles do 28 de Xuño ao 30 de Xullo nas instalacións do noso colexio. En breve mandarémosvos por este mesmo medio toda a información sobre o contido, prezos, horarios, prazos para anotarse….

A Xunta Directiva da ANPA está especialmente contenta con este logro pois era un dos obxectivos que levamos tempo perseguindo e que ata o de agora, a pesar de solicitalo en varias ocasións, nunca lograramos que saíse aprobado en Consello Escolar.

É por iso, que tampouco queremos deixar de agradecer o voto a favor das nais e profesorado que acoden ao Consello e apoiaron esta petición da ANPA e, especialmente, ao Director do Centro que tamén a secundou.

Oxalá que este sexa o primeiro ano de moitos e nós seguiremos loitando polos nosos intereses que son os vosos.

Unha forte aperta. ANPA AGARIMO