Preguntas frecuentes

Canguros de SerOcio

Ola familias,

A todos nos ten pasado ter que facer verdadeiros encaixes de bolillos para atopar a alguén que quede cos/as nenos/as cando soa o teléfono e tes que ir si ou si… ou se poñen malitos… ou tes que traballar e non podes cambiar a quenda… ou tantas e tantas cousas e mais este ano que ante a dúbida hai que ficar na casa.

Por iso hoxe falámosvos desta oferta de CANGUROS de SerOcio que é unha das empresa que daban as extraescolares o ano pasado no cole polo que vos podemos asegurar que podedes deixar aos vosos fillos/ as nas súas mans coa máxima tranquilidade.

Boa semana! ANPA AGARIMO