Comedor

En Jardanay apostamos por unha comida fresca, saborosa e de calidade, preparada con cariño. Confiamos en receitas tradicionais traballadas con coidado polo noso persoal para conseguir unha cociña caseira, natural e variada. Son os pequenos detalles, como elaborar caldos base con produtos frescos ou fuxir de calquera comida previamente cociñada, o que consegue dar o sabor caseiro característico dos nosos pratos.

Os menús son variados e estacionais, apostando por provedores locais. Para levalos a cabo, coordinamos varios departamentos –Coerca, Calidade e Nutrición–, sen esquecer as necesidades de persoas alérxicas ou intolerantes. Os pratos prepáranse cada mañá na nosa cociña central e, ao mediodía, xa están na mesa, quentes e sen perder propiedades organolépticas (olor, sabor, textura) nin nutritivas. Conseguimos isto combinando os nosos 19 anos de experiencia coas máis recentes tecnoloxías e estrictas normas de seguridade alimentaria tanto en procesamento como en transporte e servizo.

Para calquera información adicional sobre o noso traballo e valores, chámanos ou visite o noso sitio web.

¿CÓMO DAR DE ALTA A UN ALUMNO/A?

Temos dúas formas de inscribirse no curso 2019-2020:
NOVA ALTA: entregaranse os formularios correspondentes (detallados a continuación):
• Antes do último día escolar.
• Antes do 26 do mes anterior ao inicio do uso do comedor / madrugadores
(* sempre que haxa prazas dispoñibles nel).
• Fóra destas datas, considerarase alta extraordinaria.
RENOVACIÓN: entregaranse os formularios correspondentes (a continuación detallados):
• Antes do último día escolar. Despois desta data, as solicitudes estarán suxeitas á dispoñibilidade de prazas.
OS FORMULARIOS DEBEN ENTREGARSE CUBERTOS E ASINADOS:
• Nas unidades ANPA.
• Por correo a o correo comedor@jardanay.es

¿CÓMO USAR O SERVICIO DE FORMA ESPORÁDICA?

Deberase avisar ao teléfono do coordinador/a 672 288 130 ou á oficina, antes das 09:00 do día no que se fora a facer uso do comedor. Para o servicio de madrugadores haberá que avisar o día anterior. Os pais dos nenos e nenas esporádicos con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria deberán avisar cun mínimo de dous días de antelación.

¿CÓMO DAR DE BAIXA A UN ALUMNO/A OU MODIFICAR AS CONDICIÒNS DE USO DO SERVICIO?

(p.ej. pasar da modalidade fixa 2 días, á fixa 4 días)
Débese entregar o formulario de modificación no uso do servicio (“modelo 2”) antes do día 26 do mes anterior no que tivera que facer efecto. É imprescindible co formulario esté asinado, con data e hora de entrega. No tendrán efecto as baixas ou modificacións comunicadas fora de prazo.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

• Dieta suave: póñase en contacto co teléfono do coordinador ou a oficina antes das 10:00 da mañá.
• Alerxias ou intolerancias alimentarias (por exemplo, enfermidades celíacas): entrega do “modelo 4” no momento de rexistro xunto cun informe médico. É imprescindible avisar cun mínimo de cinco días antes do inicio do servizo.

SEGURO DE ACCIDENTES – CURSO 2019/2020

Realizarase un pago único de 7,00 € no primeiro recibo dos servizos contratados. A inscrición esporadicamente non implica o pago dun seguro ata que se empreguen os servizos. Se o alumno necesitase asistencia sanitaria amparada polo noso seguro, é fundamental avisar ao coordinador do centro. No caso das consultas posteriores, é necesario contar coa autorización da oficina de Jardanay.

FORMA DE PAGO

• Sempre por domiciliación bancaria, nos primeiros 15 días do mes (excepto nos meses de Setembro e outubro que será ao final).
• No caso de inscricións extraordinarias, o recibo pasarase no mes seguinte ao da entrega do formulario de inscrición. O importe calcularase en proporción aos días en que se use o servizo.
• Os estudantes esporádicos pagarán “in situ” a través do “sistema de vales”.
• A ausencia do comedor / madrugadores non exime do pago da tasa.

Pódese velos prezos e os menús nos seguintes ligazóns:

Menús do comedor
Prezos do comedor e de madrugadores

MÁIS INFORMACIÓN E CONTACTO: Tel: 981 12 66 27 (Horario: de 8:00h. a 18:00h) • comedor@jardanay.es
COORDINADOR/A DO CENTRO – Tel: 672 288 130