Preguntas frecuentes

Comedor

“O servizo de comedor no noso colexio é de cátering sendo Jardanay a empresa encargada de ofrecer o servizo. Deixámosvos aquí a súa filosofía de traballo e non dubidedes en contactar con eles con calquera dúbida sobre a elaboración da comida dos nosos/ as fillos/ as.”

 

En Jardanay apostamos por unha comida fresca, saborosa e de calidade, elaborada con moito cariño. Basámonos en receitas tradicionais traballadas con mimo polo noso persoal para lograr unha cociña caseira, natural e variada. Son os pequenos detalles , como facer caldos base con productos frescos ou fuxir de calquera alimento precociñado, o que consegue dar o característico sabor caseiro dos nosos pratos.

Os menús son variados e estacionais, apostando polos proveedores locais. Para facelos, coordinamos a varios departamentos -Cociña,calidade e nutrición-, sen esquecernos das necesidades das persoas alérxicas ou intolerantes. Os pratos prepáranse cada mañá na nosa cociña central e, ao mediodía, xa están na mesa, quentes e sen perder ningunha propiedades organoléptica (olor, sabor, textura) nin nutricional. Conseguimolo juntando os nosos 20 anos de experiencia coa última tecnoloxía e unhas estrictas normas de seguridade alimentaria tanto na elaboración como no transporte e no servizo.

Para calquera información adicional sobre o noso traballo e valores, chámanos ou consulte a nosa web.