Preguntas frecuentes

Trámites

ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIONS (prazos e operativa).

PRAZOS.

-Inicio do curso: do 1 ao 17 de xuño de 2022.

– Prazo extraordinario: do 1 ao 4 de Setembro 2022 en caso de haber vacantes.

OPERATIVA (novas altas, baixas ou modificacións sobre a alta inicial)
  • 1.- Pincha no enlace: jardanaycomedores.es
  • 2.- Usuario: mariabarbeito
  • 3.- Contrasinal: comedores2021

A admisión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e/ou con discapacidade será estudada polo equipo directivo do centro, condicionando a súa admisión ao feito de dispoñer do persoal necesario para atendelo, así como dos medios que permitan garantir a seguridade e a saúde do/a alumno/a e dos/as outros/as usuarios/as

A TER EN CONTA

Imprescindible estar ao corrente dos pagos con Jardanay para que a solicitude sexa válida
– Matrícula de 50€ (gratuita para os socios da ANPA AGARIMO)
– Non terán efecto as solicitudes comunicadas fora de prazo nin con defecto de forma.
– Non se poderán realizar ningún destes trámites nin por teléfono nin por correo electrónico
– No caso de querer solicitar máis dun servizo ou para máis dun neno ou nena, deberase cubrir e enviar un formulario por cada un deles.
– Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitide ao correo electrónico.
– No caso de altas ou aumento de días no comedor, recibirase adicionalmente un segundo mail confirmando a praza. Nestes dous supostos, é imprescindible contar con este mail de confirmación para facer uso dos servizos. Non é necesario o mail de confirmación para o resto de susupuestos (madrugadores, reducción de días ou baixa do servizo).

COMO USAR O SERVIZO DE FORMA ESPORADICA

Para madrugadores deberá avisarse o día antes ao teléfono do coordinador/a no 672 288 130 ou a oficina.

Os pais dos nenos ou nenas con algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria deberán avisar cun mínimo de dous días de antelación.

CURSO 2022/23: no curso 2021/22 esta modalidade só estaba dispoñible para madrugadores. Informaremos de se é compatible cos protocolos para o curso 22/23 en canto nos sexa posible.

DIETAS E ALERXIAS ALIMENTARIAS

Dieta branda: Avisarase ao teléfono do coordinador/a ou a oficina antes das 9 da mañá. Non estará dispoñible esta modalidade en “Jardanay en casa» ( menú para levar).

Alerxias ou intolerancias alimentarias (ex. Enfermidade celíaca) : É IMPRESCINDIBLE cubrir o formulario web e facilitar a documentación requerida. Enviarase un mail de confirmación autorizando a incorporación.

MENU PARA LEVAR (“jardanay en casa»)

No curso 2022/23 non se ofertará esta opción.

Se estás interesado en que se oferte, envía un correo coa petición a anpa.agarimo@gmail.com para que podamos valoralo para futuros trimestres ou cursos coa empresa en función do número de peticións que recibamos.

CONCILIACIÓN

Os que teñades preferencia por traballar en horario de comedor (14.00 a 16.00h) debedes cubrir a opción de declaración responsable no formulario de comedor.
Desde a ANPA AGARIMO pódesevos requirir a presentación da documentación acreditativa en calquera momento. A non presentación da devandita documentación ou que non sexa correcta poderá implicar a baixa no servizo.

SOCIOS ANPA.

para renovar/facerse socios, podedes facelo neste enlace : RENOVAR OU FACERSE SOCIO

Os prazos son moi xustos posto que o 30 remata o prazo e o día 9 de setembro arranca o curso escolar. Somos conscientes da inquietude que presenta para moitas familias saber se teñen praza de comedor ou non así vos iremos trasladando a información na medida que a nós nos chegue.