E así, ao parvo, xa pasou o Nadal e toca volver ao cole cuns quiliños de máis, unha chea de xoguetes e calcetíns novos e, o máis importante, algunha aventura nova que gardar na mochila dos recordos.
Para que a volta non se nos faga tan amarga, a sorte fixo que nos tocase a devolución no Sorteo de Nadal (lembrade que son 4€ pois 1€ era de donativo) e poderedes cobralo no local do ANPA no noso horario habitual desde o luns 13 de xaneiro ata o 21 de marzo de 2020.
Imos a polo 2020!!
Saúdos. ANPA AGARIMO