Preguntas frecuentes

Festa de fin de curso

14/06/2021 h.

Ola familias!

Dende a ANPA Agarimo queremos anunciaros a festa de fin de curso que terá lugar no colexo o luns 14 de xuño para primeiro e segundo de primaria, o xoves 17 de xuño para infantil, o venres 18 de xuño para terceiro e cuarto e finalmente o martes 22 de xuño para quinto e sexto de primaria. Entre outras cousas haberá hinchables, zumba e obradoiros. E recordade que polas restriccións do covid será en horario escolar.

ANPA Agarimo