Preguntas frecuentes

Festa de Nadal

20/12/2019 16:00:00 h.

Bo día familias!!

E así, como que non quere a cousa, no que parece que foi un abrir e pechar de ollos … xa estamos en decembro e as rúas (e algunhas casas) xa están cheas de luces.

E nos, xa temos casi todo listo para a FESTA DE NADAL que terá lugar o vindeiro venres 20 de decembro de 16.00 a 18.30 no pavillón do cole e dende hoxe mesmo podedes adquirir as vosas entradas no local do ANPA para evitar colas o día da festa: socios 1€ / non socios 2€

Teremos obradoiros navideños, chocolate ben quentiño para todos, música e baile, tatoos, photocall…. e moitas cousas mais!! E sobre todo… unha visita moi especial ho, ho, ho!!

Este ano todos poderemos estar abaixo, na pista de modo que cada neno/a deberá estar acompañado/a por un adulto que será o responsable do mesmo. Esto non quita que se alguén, baixo a súa responsabilidade, prefire ver a festa desde a grada pode facelo.

Nuns días, explicarémovos con mais detalle cómo se desenvolverá a festa e irémosvos contando mais cousiñas… estade atentos!!

Un saúdo. ANPA AGARIMO