Preguntas frecuentes

Festa do Entroido 2020

21/02/2020 16:00:00 h.

Pero se aínda temos polvoróns e turrón pola casa e xa nos temos que poñer con filloas e orellas??? miña nai … é que así logo non hai quen se meta no bañador cando chega o verán

Ainda que sarna con gusto non pica e se hai algo que nos gusta máis que atoparnos cartos nos pantalóns é a troula!! Así que aí imos…. FESTA DE ENTROIDO!!!

DÍA: 21 de febreiro
HORARIO: 16.00 a 18.30
LUGAR: pabillón do cole
ENTRADAS: 1€ socios / 3€ non socios á venda dende o 3 de febreiro no local da ANPA e tamén se poderán mercar o mesmo día.

Teremos:
– moita música
– baile
– obradoiros
– concurso de disfraces onde os nenos que o desexen poderán desfilar e consursar por idades.
– fotomatón para que nos saquemos fotos de recordo coa familia, cos amigos, cos da ANPA… con quen queirades!!!

Para cargar forzas entre baile e baile dende a ANPA convidámosvos a todos a chocolate quentiño e algo para acompañar. Coma sempre, todo o que queirades aportar para compartir será ben recibido que lambóns somos abondo.

Agardámosvos a todos! ANPA AGARIMO