Preguntas frecuentes

Obradoiro de Intelixencia Emocional

28/02/2020 16:00:00 h.

Ola familias!

Como xa vos adiantamos dende o ANPA imos propoñer obradoiros para facer en familia e pasar un tempo de lecer cos/as nos@s fill@s.

Despois do parón de Nadal imos retomar estas actividades o vindeiro venres 28 de febreiro, cun obradoiro de Intelixencia Emocional, que se impartirá de 16-18 horas (2 horas) no salón de actos da escola.

A través de xogos e traballo en equipo aprenderemos dunha forma divertida habilidades e estratexias para unha xestión eficaz das emocións.

Se estás interesado en asistir envíanos un mail (anpa.agarimo@gmail.com) ou pasa polo noso local, apresúrate que as plazas son limitadas e o prazo remata o martes 4 de febreiro.

O prezo por familia (1 adulto+1 nen@) será de 9€ para os socios e 12€ para non socios. Serán 3€ máis por cada persoa adicional.

Desexamos que o disfrutedes.

Moitas grazas

ANPA Agarimo