Preguntas frecuentes

VI CARREIRA ENKI GALICIA 2019

19/10/2019 16:30:00 h.
Boas familias!! Xa se acaban as vacacións…Volta á rutina… Pero, nós queremos inaugurar o novo curso lanzándovos unha invitación moi divertida e, ademáis, solidaria!!!!
Dende ANPA Agarimo  propoñémosvos participar xuntos na VI CARREIRA ENKI GALICIA 2019.
Sería fantástico ter unha representación do noso cole por unha boa causa,  así que vos animamos a participar en familia.
Necesitamos que as persoas interesadas nos manden un mail á nosa dirección anpa.agarimo@gmail.com, indicando o número  de persoas participantes e os tipos de dorsais, para así poder facer a reserva dos mesmos. Recordade que pode participar toda a familia.

Data límite: luns 9 de setembro.

A carreira celebrarase o día 19 de outubro de 16.30 a 19.30 na Coruña.

Prezos:
Dorsal reducido 5€: menores de 10 anos e persoas con diversidad funcional
Dorsal xeral 7€: resto de dorsais
Se non coñecedes o evento deixámosvos a seguinte ligazón para que poidades ver de que se trata:

https://m.youtube.com/watch?v=CImPYwansPs

Máis informacion:
http://www.enkiproyecto.com/
Un saúdo
ANPA AGARIMO