Preguntas frecuentes

Faite do anpa

Sei que o primeiro que pensaches é “eu? Non teño nin tempo nin ganas de meterme nisto!” e é normal, eu mesma foi o primeiro que pensei pero permíteme que che pregunte unha cousa… se agora tes pouco tempo e a conciliación é difícil, como o farías se non hai comedor nin actividades extraescolares?

Pode parecerche unha esaxeración, pero realmente a xestión destes servizos é cousa do ANPA… Así que se non hai ANPA….. pois iso… adeus conciliación. Igual non precisas destes servizos pero aínda así, pídoche que participes ou polo menos te fagas socio porque aínda que non uses nin o comedor nin as actividades, sí haberá outras actividades das que te poidas beneficiar como charlas, festas, excursión de fin de curso, festa da familia … Agora, se como eu, necesitas que haxa comedor, madrugadores e/ou extraescolares… participa!!

Sei que volves pensar “e que de verdade, non teño tempo” e tes razón novamente, eu tampouco o teño pero é máis fácil que 10 persoas saquen 2 h ao mes para facer as cousas a que entre 2 teñamos que dedicar esas mesmas 20 horas ¿non che parece?

Como sabedes este curso cambiouse a Xunta Directiva do ANPA. Traemos moitas ideas na testa: novas actividades para os nenos e tamén algunha na que poidan participar os pais; banco de libros, uniformes e extraescolares; actividades para os días de choiva no comedor…. e moitas cousas máis pero probablemente sen a vosa colaboración non podamos levalas todas a cabo por iso unha vez máis……

COLABORADE CONNOSCO!! UNÍDEVOS AO ANPA!!

Estaremos no local do ANPA luns, mércores e venres de 9 a 9:30 e de 16 a 17 os luns… pasarvos e dicirnos en que vos gustaría axudarnos… velaí algunhas suxestións:
– Festas: (dende inchar globos a vender entradas, pasando por pintar caras, preparar merendas, algún taller ou calquera cousa que se vos ocorra)
– Canguros: gústanche os nenos e facer manualidades ou xogos con eles? Que tal atendelos nas reunións do ANPA p.ex. Para que o resto dos pais poidan participar nas nosas asembleas?
– Bancos: organizar doazóns de uniformes, libros…
– Extraescolares: axuda en actuacións (aínda que só sexa nas que van as túas peques), falar cos profes, comprobar que todo vai como debería…
– Comedor: suxerencias, melloras, catas de comida…

Animádevos!! Xuntos seguro que podemos facer unha chea de cousas e iso benefícianos a todos!!