Preguntas frecuentes

Inicio do Curso 2020/21

Ola familias!!

Mañá inicia un novo curso, o máis raro que nos tocou empezar a todos sen dúbida pero hai que collelo con ganas, remando todos na mesma dirección e coidándonos mutuamente.

Dito isto, sabedes que algúns cursos se inician mañá mentras que outros agardan ao venres 11 para dar o pistoletazo de saída. Para mañá xoves 10 de setembro hai convocada folga de docentes polo que, se podedes, quizais é mellor agardar ao venres para empezar porque se xa organizar servizos mínimos nunha folga «normal» é complexo, nunha onde hai que manter as distancias… pois iso… É decisión de cada familia, simplemente é unha recomendación que vos facemos desde o ANPA.

Doutra banda, dicirvos que na páxina web do Colexio publicaron toda a documentación que se aprobou no Consello Escolar celebrado no día de onte e relacionada cos protocolos COVID así como un resumo coas entradas/ saídas e un mapa para que a todos nos sexa máis fácil. Botádelle un ollo aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmariabarbeito/

Polo noso lado, achegámosvos o protocolo COVID que vai estar vixente para comedor e madrugadores e onde podedes consultar entradas/saídas e en que porta hai que facer as recollidas segundo o curso do alumno. Ímosvos facer chegar un formulario ao longo do día para que nos digades a qué hora queredes ir recoller aos vosos fillos (debe de ser sempre o mesmo) e no caso de irmáns ónde preferides recollelos.

DESCARGA O PROTOCOLO COVID DE JARDANAY

DESCARGA O FORMULARIO DE HORARIOS DE RECOLLIDA

Lembrarvos que para poder deixar aos nenos en comedor a partires de mañá, tendes que haber recibido onte un correo electrónico de Jardanay confirmándovos que tendes praza.

Por último, sabemos que tendes moitas dúbidas e tentamos atendervos a todos pero nos tamén estamos a traballar, coidar dos nosos fillos …. polo que vos pedimos un pouco de paciencia e que nos contactedes, preferentemente polo correo electrónico anpa.agarimo@gmail.com e que non nos contactedes por varias vias porque senon saturades os nosos recursos (que xa non son moitos).

Indicarvos tamén que, ata novo aviso, non vai a haber atención presencial no local do ANPA dado que non é posible segundo o protocolo COVID do colexio, se nalgún momento é posible dalo volo comunicaremos

Grazas pola vosa comprensión e moito ánimo neste incio de curso 2020/21