Preguntas frecuentes

Inscripción para campamentos de verano

Ola de novo familias,

Seguimos con novas que ou non sae nada ou sae todo xunto…

➡️ Onte publicouse a convocatoria para axudas para libros de texto e material escolar destinado ao alumnado de primaria. Desde o luns poderase solicitar no cole.

➡️ Con respecto á oferta de campamentos que se publicou onte, o prazo ábrese o luns 24 de maio ás 09.00h e as prazas outórganse por orde de inscrición (ademais de valorar familias monoparentais e concilliación laboral).
Para inscribilos no campamento do cole ( campacoles) sería aquí:

http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

➡️ Lembrade que ademais destas prazas tamén hai oferta en centros cívicos da zona e no Ágora p.ex.. Deixámosvos novamente a ligazón xeral para que lle votedes un ollo a toda a oferta e o luns pidades o que máis se axeite ás vosas necesidades.

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/axenda/campamentos-de-veran-2021

❓Dudas campamentos: ☎️ 010
❓Dudas campacoles: ☎️ 981 202 002 · 981 201 877

Saúdos. ANPA AGARIMO