Boa noite a tod@s!
Como este ano non vos podemos atender no local debido ás restricións pola covid-19, moit@s nos estades a preguntar onde nos podedes atopar para mercar lotería de Nadal.
Para facilitalo, imos fixar uns días onde sempre nos atoparedes:
* PORTALÓN PRINCIPAL*:
– Luns de 8.55 a 9.05: Sara
– Mércores de 8.55 a 9.05 e á saída de comedor de 14.50 a 15.00): Marta
– Xoves á saída do comedor de 15.25 a 15.35: Sara
– Venres ás 13.40: Montse
* PORTA 4º EI *
– Venres de 09.00 a 09.10: Montse
* PORTA 5º e 6º EP (Gadis) *
– Mércores de 9.00 a 9.10 e de 13.50 a 14.00: María
* PORTA 5º e 6º EI (pavillón) *
Nesta porta está Raquel, non vos podemos indicar un día fixo no que pode acudir por motivos laborais, pero farase notar cando esté 😉
Agardamos que así vos podamos atender a todos os que, coma nos, estades convencidos de que este ano toca no María Barbeito!!
Saúdos