Preguntas frecuentes

NOVAS

Campamentos de Verán Serocio 2021

Bos días familias, Seguro que moitos de vós xa estades pensado en como organizarvos nas vacacións de verán así que como noutras ocasións, deixámosvos aquí a proposta de SerOcio para campamentos de verán que, ademais, ten desconto do 5% para as familias asociadas á ANPA AGARIMO aos que podedes engadir os seguintes descontos: 5% sobre […]

‼️Importante para os usuarios do comedor‼️

▶️ Convocáronse as bolsas de comedor: solicítanse antes do 30 deste mes para desfrutar no vindeiro curso 2021/22. ▶️ Lembrade que son subvencións xestionadas polo Concello da Coruña e non polo ANPA así que para calquera dúbida, chamade ao 010. ▶️ Dende a ANPA avisarémosvos por este mesmo medio das datas para solicitar o comedor […]

Campamento de Semana Santa con SerOcio

Dende a empresa serOcio nos envían esta información, para aquelas familias que precisen conciliar nas vacacións de Semana Santa: Ya llega la primavera y con ella nuestro CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA, a pesar de ser algo distinta queremos que nuestros pequeños disfruten un año más de sus campamentos favoritos, por ello os invitamos a participar, […]

Xornadas de portas abertas

Dado que este ano no Colexio María Barbeito e Cerviño non se vai a realizar xornada de portas abertas debido ás restricións vixentes polo COVID19, dende o ANPA deste colexio (ANPA AGARIMO) quixemos elaborar este documento onde tratamos de resolver as dúbidas que nos soledes preguntar sobre madrugadores, comedor e extraescolares nas devanditas xornadas. EXTRAESCOLARES […]

As actividades extraescolares seguen con normalidade

Bo día familias, Tras consultalo coa Federación de Anpas, podémosvos confirmar que as novas medidas seguen a permitir o desenrolo das actividades extraescolares, incluíndo o uso do pavillón polideportivo tal e como se viña facendo ata agora. Un saúdo e moito ánimo!

Adquisición de material financiado pola Deputación da Coruña

Ola familias! Comprácenos comunicarvos que grazas a subvención concedida pola deputación, (concretamente a convocatoria FO204 para entidades sen fins de lucro, para a realización de investimentos culturáis) poidemos adquirir material para mellorar a capacidade de levar a cabo todas as tarefas que xestionamos dende a anpa. Grazas a ese diñeiro compramos dous ordenadores, duas impresoras […]

Asamblea extraordinaria

Por cuestións importantes e que nos afecta a todos/as, vémonos obrigados a convocar unha asamblea extraordinaria para o vindeiro martes día 22 de decembro. Agardámosvos a todos/as.»

Obradoiro Navideño

Familias! Rematamos este mes cun obradoiro de Nadal onde faremos manualidades en familia. – Día: venres 18 decembro – Horario: 16.15 a 18.00 – Prezo: * Socios ANPA: gratis * Non socios: 5€ Animádevos a participar!

Campamentos de Nadal 2020

Aquí tendes a oferta dos centros cívicos para os campamentos de nadal para os que precisemos conciliar. –> Preinscripción os días 10, 11 e 12 de decembro (online ou chamando ao 010) https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/campamentos-urbanos-de-nadal-2020/suceso/1453749145968

Obradoiro de Coeducación

Ola familias, Seguimos cos obradoiros e esta semana tócalle o turno ao de coeducación onde con diversos exercicios traballaremos a educación en igualdade. –> Día: xoves 10 de decembro –> Horario: 16.15 a 18.00h –> Lugar: confirmarémosvolo aos asistentes en función do tempo –> Prezos: Socios Anpa Agarimo: GRATIS Non Socios: 5€ Apuntádevos no mail […]

Listaxes Definitivas Bolsas Comedor 2020/21

Ola familias, Deixámosvos a ligazón da publicación das listaxes definitivas das bolsas de comedor. Este ano como novidade: ➡️ as persoas beneficiarias que acepten a bolsa comedor, non teñen que cubrir nin presentar ningún Anexo de aceptación, ➡️ Entenderase que aceptan a bolsa de comedor se, transcorrido o prazo de dez (10) días hábiles, non […]

Obradoiro de Intelixencia Emocional

Queridas familias, Como vos comunicamos esta mañá, grazas a unha subvención que solicitamos á Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola que consistirá nunha serie de obradoiros en familia. O primeiro obradoiro será sobre “Intelixencia Emocional” o vindeiro venres, 4 de decembro, de 16:15 a18 horas na pista de patinaxe da escola. […]

Proxecto Familia-Escola

Dende o ANPA AGARIMO da escola CEIP María Barbeito e grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña imos levar a cabo un proxecto familia-escola, que persegue: – reforzar o vinculo das familias co centro escolar e reducir a conflictividade escolar. – capacitar as nais e os pais no desenvolvemento da súa función educativa. Debido […]

Aprazamento Asamblea ANPA e nova convocatoria

Aprazamento Asamblea ANPA e nova convocatoria Lamentámolo moitísimo pero vémonos na obriga de ter que pospoñer a Asamblea por motivos personais dos membros da Xunta Directiva que ían a estar presentes. Rogamos nos disculpedes por este novo imprevisto e aproveitamos para convocarvos para o venres 11 de decembro as 16.00 en primera convocatoria e as […]

Familias pola igualdade

Ola familias, Con outra das axudas que pedimos dende a ANPA e grazas á boa disposición das e dos mestres da escola, estanse a levar a cabo unas xornadas de contacontos e títeres. Así os nenos e nenas se divirten e aprenden case sen darse conta. Agardamos que os estén a disfrutar. Dende a ANPA […]

Proposta de SerOcio

Deixámosvos outra proposta dos compañeiros de SerOcio que vos pode interesar. Mais info: serociotl@gmail.com

Canguros de SerOcio

Ola familias, A todos nos ten pasado ter que facer verdadeiros encaixes de bolillos para atopar a alguén que quede cos/as nenos/as cando soa o teléfono e tes que ir si ou si… ou se poñen malitos… ou tes que traballar e non podes cambiar a quenda… ou tantas e tantas cousas e mais este […]

Lotería Nadal 2020

Boa noite a tod@s! Como este ano non vos podemos atender no local debido ás restricións pola covid-19, moit@s nos estades a preguntar onde nos podedes atopar para mercar lotería de Nadal. Para facilitalo, imos fixar uns días onde sempre nos atoparedes: * PORTALÓN PRINCIPAL*: – Luns de 8.55 a 9.05: Sara – Mércores de […]

[APRAZADA] Convocatoria Xeral Ordinaria do 27 de Novembro

Boa tarde familias, Adxuntamos convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro 27 de Novembro. Podes descargala aquí: Agardámosvos a todos e todas. Saúdos!

* DEVOLUCIÓNS CURSO 2019/20 *

Ola familias, Informámosvos de cómo solicitar a devolución de cotas das actividades xestionadas pola ANPA e que se viron interrumpidas, como todo o demáis, co decreto do estado de alarma en marzo 2019. ▶️ das extraescolares subvencionadas (fútbol, ximnasia rítmica… ). Son 10€/actividade a devolver se tendes 1 fillo ou 8€/actividade se son 2. ▶️ […]

BENEFICIARIOS BOLSA COMEDOR

Ola familias, Infórmannos dende Jardanay que a aqueles que lles cobraron as cotas de setembro e outubro e son beneficiarios de bolsas comedor segundo a listaxe publicada o 27/10/2020, lles van a devolver a cuantía antes do 16/11/2020. Lembrade que a bolsa comedor non inclúe nin O SEGURO obligatorio (7€) nin a COTA DO ANPA […]

Proxecto de melloras no comedor da escola

Ola familias, Hoxe queremos ensinarvos un proxecto no comedor da nosa escola que o colexio levaba tempo querendo facer pero non tiña orzamento e que puidemos levar a cabo dende a ANPA grazas a unha subvención que solicitamos e nos concederon da Xunta de Galicia. Estas son algunas das melloras que puidemos levar a cabo […]

APLAZADA – Asamblea Ordinaria 30 de Outubro

Bo día familias, Lembrarvos que este venres temos a Asamblea Ordinaria da ANPA as 17.30 (primeira convocatoria as 17.00 pero só se inicia a esta hora se están a metade dos socios presentes). Imos deixándovos aquí o enlace para participar – Dende ordenador só tendes que pulsar nel – Dende móvil, baixade a APP de […]

Jardanay Circular de Alta Extraordinaria

Bo día familias!! A petición da ANPA e por mor da publicación das listaxes de bolsas comedor, dende Jardanay van a abrir un prazo extraordinario para os beneficiarios de bolsa e que ata agora non acudían a comedor. O prazo será do 28 de outubro ao 1 de novembro e comezarían o 9 de novembro […]

Listaxe provisional de Bolsas Comedor 2020/21

Ola familias! Por fin a listaxe provisional de bolsas comedor. Ábrese un prazo de 10 días para os que queiran reclamar. https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/bolsa-comedor-2020-2021-publicacion-da-listaxe-provisional-de-persoas-beneficiarias-e-puntuacion/suceso/1453745748498?argIdioma=gl Saúdos!  

Edukajudo María Barbeito

Ola familias, Como sabedes, este ano dende a ANPA non puidemos ofertar actividades privadas moi ao noso pesar. É por iso que nos comprace anunciarvos que Judo, esa actividade que tanto lles gusta aos nosos peques e pola que tanto nos preguntástedes, volve ao pavillón do Ventorrillo a partires de novembro!!! Como a actividade se […]

Xestión de Altas, Baixas e Modificación de Extraescolares

Ola familias, Vos pedimos que a partires de agora, as altas / modificacións / baixas das extraescolares as xestionedes neste mail ou teléfono: MAIL: inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org TELÉFONO: 649 055 939 Saúdos!

Lotería de Nadal

Ola familias, O Nadal xa está a volta da esquina!!… e nós queremos seguir coa tradición na venda de lotería do Nadal. Como sabedes, este ano seguindo as medidas de prevención, o local do ANPA permanece pechado, pero estaremos a vosa disposición para a venda de lotería nas entradas e saídas da escola, non vos […]

Reunión Xeral de Socios/as

Estimados/as socios/as Pola presenta, a Xunta Directiva do ANPA AGARIMO convócavos a unha reunión xeral ordinaria o vindeiro 30 de outubro ás 17:00 horas en primaira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda convocatoria coa seguinte orde do día: 1.- Lectura e aprobación da acta anterior se procede 2.- Balance de contas curso 2019/20 3.- […]

Portamascarillas de Jardanay

Ola familias, Como sabedes, a semana pasada Jardanay repartiu uns portamascarillas para que os nenos e nenas poidan gardalas nun sitio cómodo e seguro mentres comen, respetando así as medidas de hixiene e prevención. Son de material prástico, para que poidan levalas a casa a desinfectar e as traían limpas ao día seguinte. Bravo pola […]