Preguntas frecuentes

Oferta de Actividades Extraescolares 2020/21

Ola familias!

Comprácenos informarvos que finalmente no noso cole SI HABERÁ actividades extraescolares, se ben este ano únicamente podemos ofertar as actividades do Concello da Coruña.

Adxuntámosvos o horario das mesmas e a descrición das novas actividades que teremos este curso.

A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones

O enlace estará operativo dende hoxe (non nos indicaron a hora) ata o día 24 e tende en conta que:

– Para poder apuntarse ás actividades debedes ser socios da ANPA
– Poden existir variacións ou cancelacións de actividades se non se chega a un número mínimo de alumnos/as para formar grupo ou se supera o cupo.
– No caso de ter maior demanda de prazas que oferta, adxudicaranse segundo os seguintes criterios:

1.- incompatibilidade horaria dos proxenitores (deberase enviar á ANPA se así o requerimos)
2.- ser beneficiario da bolsa comedor ou semellante
3.- orde de inscripción

DESCARGA A PROPOSTA DE ACTIVIDADES

proposta extraescolares

DESCARGA A DESCRIPCIÓN DAS ACTIVIDADES

DescriciónACTIVIDADES

Coma sempre, quedamos a vosa disposición para calquera dúbida ou consulta.

Un saúdo

ANPA AGARIMO