Preguntas frecuentes

Oferta final de Actividades Extraescolares Curso 2020/21

Ola familias,

Barrenamos e barrenamos co fin de que ningún dos que vos anotárades nunha actividade non vos quedarades sen praza. Non chegamos a todos/as, é verdade, pero non foi por non intentalo…
Así queda a oferta das actividades finalmente e algunhas actividades ainda teñen algunha vacante, así que xa sabedes:

– Ligazón para inscribirse: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones
– Información extraescolares: www.anpa-agarimo.es
– Calquera modificación de datos, actividade… : ocio@fedapascoruna.org

Facemos un pequeno cambio nas entradas/ saídas para facelo mais áxil:
– Atletismo, Baile Moderno, Ximnasia Rítmica, Capoeira e Multideporte: entran e saen pola rampa do pavillón (Rúa Alcalde Peñamaría de LLano).
– Xadrez, Patinaxe, Eureka, Enredados, Inglés e Deseño de seu: entran e saen polo portalón principal.

Os nenos/as que quedan a comedor xa son entregados ao monitor correspondente as 16h.

Saudiños. ANPA AGARIMO